ACUICULTURA - ESPAÑA: Axudas a empresas para a promoción e mellora da comercialización dos produtos agrarios e agroalimentarios

Jueves, 15 Enero, 2009

Os solicitantes deben ter como actividade a elaboración e/ou comercialización de produtos agrarios ou agroalimentarios galegos. Non serán subvencionables as empresas de distribución, salvo que estean participadas maioritariamente por produtores ou elaboradores de Galicia.

As empresas solicitantes deben figurar inscritas no Rexistro de Industrias Agrarias ou de Actividades Catalogables cando sexa preceptivo polo tipo de actividade.

As actuacións e conceptos subvencionables son os seguintes:

  • Material divulgativo e promocional. O importe máximo subvencionable admisible por solicitante será de 20.000 €.
  • Participación en certames comerciais. O importe máximo subvencionable admisible por solicitante será de 60.000 €.
  • Estudos e asistencias técnicas. Os gastos deste capítulo só serán admisibles se corresponden a servizos realizados por consultores e empresas externas. En todo caso, o importe máximo subvencionable admisible será de 25.000 € por solicitante.
  • Formación. O importe máximo subvencionable admisible será de 10.000 € por empresa solicitante.
  • Contratación de persoal. O importe máximo subvencionable admisible por traballador contratado será de 30.000 €.

Mas informacion aqui.