ACUICULTURA - ESPAÑA: A Consellería de Pesca informou no Parlamento do resultado das alegacións ao Plan Galego de Acuicultura

Miércoles, 5 Marzo, 2008

Antonio García Elorr iaga recordou na súa intervención que o Plan estivo pendurado na páxina web da Consellería de Medio A mbiente durante o prazo dun mes e que a Consellería de Pesca fixo o propio durante 60 días nos que se recolleron as alegacións de particulares, asociacións, empresas e institución s , que se estudaron e respostaron unha a unha .

O director xeral tamén explicou aos deputados que, con carácter previo á exposición pública do Plan, o Goberno galego e os técnicos da Consellería de Pesca mantiveron diversas xuntanzas informativas cos concellos concernidos polo Plan, co sector pesqueiro e con distintas entidades interesadas que enumerou na súa intervención . O obxecto destes encontros, explicou García Elorriaga, foi explicar e comunicar as intencións da Consellería, os traballos que se desenvolveron e as previsións de futuro, así como coñecer de preto a opinión dos interesados e, en todo caso, recoller as súas a chegas , suxestións e peticións.

Modificacións do Plan Acuícola

No tocante a outra das preguntas formulada s en relación ás posibles modificacións do Plan, Antonio García Elorriaga explicou que a Consellería de Pesca e Asuntos M arítimos sempre tivo en conta á hora de elaborar o Plan Galego de Acuicultura e de respostar ás alegacións tres criterios básicos e primordiais. O primeiro deles o criterio medio ambiental, o segundo, o patrimonial e, finalmente, o criterio urbanístico.

Neste sentido, e á vista das alegacións e informes recibidos, o departamento que dirixe Carmen Gallego está a levar a cabo , tendo en conta estes criterios anterior mente citados, algunha s modificacións no Plan Galego de Acuicultura exposto ao público . Entre a variacións técnicas do Plan destacan a s urbanísticas, vencelladas as alturas máximas permitidas, e outras modificacións d algúns parques concreto s que prevé o Plan Galego de Acuicultura e que esta mañá explicaba o director xeral de Recursos Mariños no Parlamento:

1. Novo Parque de Orelludas (Santa María de Oia): Esta nova planta, que contemplaba o plan sectorial do an terior goberno e o borrador do Plan G alego de Acuicultura, reducirase eliminando do seu ámbito xeog ráfico a área de protección do X acemen to P aleolítico de Fiais , sinalado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Así mesmo, introdúcense as cautelas necesarias para o desenvolvemento do parque, por mor da necesidade de protección deste elemento. Deste xeito, as instalacións pasarán de 75.000 m2 a 47.000 m2.

2. Ampliación do Parque de Mougás (Santa María de Oia): A ampliación desta planta reducirase e pasará de 88.000 m2 a 57.000 m2 . Esta re dución deriva da constatación do feito de que a delimitación do parque, tal e como estaba proposta, é incompatible con outra actividade empresarial xa implantada na zona.

3. Ampliación do Parque de Punta dos Patos (Cangas): Neste caso, introdúcese unha referencia a elementos arqueolóxicos prese ntes no ámbito e contorno (Petro glifo de Punta Corbeira e Castro da Igrexiña), así como ás cautelas necesarias para a necesidade de protección destes elementos.

4. Ampliación do Parque Punta Moreiras (O Grove): Introdúcese unha referencia a elementos patrimoniais presentes no contorno da planta (Antiga Fábrica de Salazón actualmente musealizada), que non deben verse afectados pola ampliación. N on entanto, obsérva se que a delimitación do parque, proposta no Plan, posibilita a súa execución sen afección a ditos elementos.

5. Ampliación do Parque de Ardía (O Grove): Eliminarase a ampliación desta planta (26.500 m2) do Plan, o que contribuirá ao obxectivo xeral de diminuí r a superficie da Rede Natura ocupada.

6. Ampliación do Parque de Couso-Aguiño (Ribeira): Elimínas e por considerarse xustificada a alegación do Concello de Ribeira no sentido de que a instalación existente en dito parque non é un establecemento produtivo senón investigador e, polo tanto, alleo ao ámbito do Plan. Desta forma, xuntamente coa redución do Parque de Seráns, redúcese sensiblemente a superficie de parques no entorno da Ría de Arousa e nas proximidades do LIC Complexo Húmido de Corrubedo.

7. Ampliación do Parque de Seráns (Porto do Son): Verase limitado á extensión de 24.500 m2 . Esta redución vén motivada pola petición da empresa propietaria das instalacións para as que se prevé a ampliación.

8. Ampliación do Parque deMerexo(Muxía): Introdúcese unha referencia a elementos arqueolóxicos presentes neste ámbito (Castro de Punta Sartaña), e as cautelas necesarias para a protección destes elementos.

9. Novo Parque en Seiruga (Malpica): Introdúcese unha referencia a elementos arqueolóxicos presentes no ámbito (Castro de Entretorres), así como as cautelas necesarias para a protección destes elementos.

10. Ampliación do Parque de Meirás (Valdoviño): Introdúcese unha referencia a elementos patrimoniais e arqueolóxicos presentes no contorno da planta (Porto de Meirás e Ermida de Nosa Señora do Porto), así como as cautelas necesarias para a protección destes elementos.

11. Ampliación do Parque de Lago (Xove): Quedará reducida a unha extensión de 182.500 m2 fronte aos de 273.000 m2 , se ben incluiranse no seu ámbito as instalacións xa existentes que non ocupan terreos de dominio público marítimo-terrestre.

12. Novo Parque de Foxo Longo (Ribadeo): Introdúcese unha referencia a elementos arqueolóxicos presentes no contorno do que será o novo parque, así como as cautelas necesarias para a protección destes elementos.

13. Novo Parque de Corvo (Ribadeo): Introdúcese unha referencia a elementos patrimoniais presentes no contorno da que será a nova planta (Castro de Meirengos), así como as cautelas necesarias para a protección destes elementos.

14. Novo Parque de Cabo Cee (Corcubión): Tiña no Plan do PPdG 78.000 metros cadrados e , tal e como xa contempla o Plan Galego de Acuicultura, a superficie destas novas instalacións quedou reducida a 75.000 metros cadrados.

15. Novo Parque de Regodola (Xove): No Plan do anterior goberno contaba cunha superficie de 160.000 metros cadrados e quedou re ducido a 26.000 para asegurar a viabilidade debido as características de terreo.

O director xeral de Recursos Mariños, puxo fin á súa intervención facendo fincapé en que ademais, das dúas ampliacións que se eliminarán do Plan Galego de Acuicultura e d as modificacións que se incluirán, xa se tiñan eliminado do Plan Sectorial do anterior goberno do Partido Popular as plantas previstas en Touriñán (Muxía), Punta Corvos (Ribeira) e Punta do Corno (Camariñas) zonas consideradas Non Aptas por incumprir, principalmente, normativas medioambientais como atoparse en Rede Natura ou hábitat protexido.