ACUICULTURA - ESPAÑA: A Universidade presenta os seus proxectos de acuicultura na feira internacional ACUI 08

Martes, 3 Junio, 2008

Para isto, a Oficina de I+D presentará na feira os traballos e investigacións de dez grupos universitarios, que constitúen unha parte importante da oferta de investigación da Universidade. Estes equipos representan os distintos ámbitos do coñecemento, tanto o científico e o tecnolóxico, como o xurídico-social. Deste xeito preténdese achegar ás empresas, administracións, centros tecnolóxico e persoal de I+D+ as achegas e proxectos destes grupos.

Un dos grupos presentes nesta mostra é o equipo de Estudos do Bentos Mariño, que traballa, entre outros temas na avaliación do impacto ambiental e dos recursos mariños explotables. Xunto con este, en ACUI presentarase o traballo do equipo de Fisioloxía de Peixes e a súa aplicación en Acuicultura e do equipo de Inmunoloxía sobre a resposta inmune e a toxicidade, o uso de anticorpos para a detección de substancias ou a bioloxía molecular. Neste mesmo ámbito, o equipo de Parasitoloxía Mariña afonda na diagnose, patoloxía e control de enfermidade parasitarias en peixes e moluscos de acuicultura, mentres que o equipo Rexenmar se ocupa dos recursos xenéticos mariños.

A representación da Universidade complétase coa equipo de Oceanografía Física, o de Oceanografía Xeolóxica e Bioxeoquímica, o equipo de Enxeñaría e Deseño, o grupo G4+, centrado no ámbito da estratexia e a organización empresarial no sector acuícola, e o equipo de Investigacións Económicas en Acuicultura.

Un traxectoria consolidada

Convertida xa nunha feira bianual, ACUI foi consolidándose edición tras edición e no 2006, xa se converteu nun referente do sector acuícola internacional acadando un importante número de expositores e un alto nivel profesional. Nesa última edición, visitaron o recinto feiral de Vilagarcía arredor de 8000 persoas de 37 países, mentres que o número de expositores pasou dos 118 do ano anterior a 150. Paralelamente á actividade expositiva, ACUI márcase como finalidade a tradución destas cifras en intercambios comerciais entre os expositores e os asistentes. Para isto desenvólvese o encontro empresarial Interacui que ten como finalidade poñer en contacto entidades europeas e latinoamericanas, axudando a empresarios e investigadores na súa expansión internacional.