Lugo, sede colexial, do 26 de marzo ó 28 de maio.
Mércores, de 16:30 a 20:30 horas
FORMATO E PROGRAMA DO CURSO
Proponse a realización de cinco (5) talleres tecnolóxicos de 8 horas de
duración cada un, resultando nunha carga lectiva total de 40 horas. Cada taller estará composto por unha introdución de 10 minutos de duración, seguida dun relatorio a cargo dun/a experto/a de relevancia internacional no ámbito de coñecemento obxecto do taller. O relatorio terá unha duración de 45 minutos. Abrirase unha rolda de discusión e preguntas cunha duración de 15 minutos á conclusión.
Tralo relatorio expoñeranse catro (4) módulos independentes de 30 minutos de duración cada un. Os módulos serán impartidos polo relator principal.
Tralos dous primeiros módulos terá lugar un receso de 20 minutos de
duración, co obxectivo de maximizar a interacción entre asistentes e relatores.
Ao remate dos dous últimos módulos de cada taller terá lugar un período de discusión de 30 minutos de duración, perseguíndose a participación activa de tódolos asistentes.
Os talleres impartiranse como presentacións audiovisuais en formato
Powerpoint® mediante canón de proxección nunha sala debidamente
acondicionada para este fin.
Taller 1: Novas Tecnoloxías no Tratamento da Auga.
Módulo 1: Parámetros e análises de calidade da auga.
A auga, materia prima. Parámetros físicos de calidade da auga. Sólidos en suspensión. Temperatura. Parámetros químicos de calidade da auga. Osíxeno disolto. ph. Potencial redox. Salinidade. Compostos nitroxenados. Parámetros biolóxicos de calidade da auga. Parasitos. Bacterias. Virus. Fungos. Análises da auga. Toma de mostras. Análises físico-química e
microbiolóxica da auga. Investigación de patóxenos. Lexislación.
Módulo 2: Medios de instrumentación e control.
Monitorización e control de parámetros físicos de calidade da auga. Turbidímetros. Filtros. Termómetros e dataloggers. Refrixeradores e quentadores. Oxímetros. Aireadores. Difusores de gases. Xeradores de osíxeno. Inxectores. Peachímetros. Fotómetros. Regulación de ph. Control do potencial REDOX. Refractómetros. Densímetros. Conductímetros. Monitorización e control de compostos nitroxenados. Medios de filtración. Espumadores ou skimmers. Desinfección da auga. Lámpadas ultravioleta. Ozonización. Equipos multiparamétricos. Recomendacións prácticas.
Módulo 3: Deseño de sistemas e recirculación.
Deseño de sistemas: consideracións. Ubicación. Selección de especies. Mercado. Contorno legal. Práctica Común. Precaucións. Sistemas de contención. Tanques. Gaiolas. Bateas. Esteros. Raceways. Acuarios. Sistemas de achega de auga. Captación en profundidade. Captación en superficie. Gravidade. Empenamento. Sistemas de procesado. Clasificación. Colleita. Sacrificio. Procesado. Sistemas abertos: réxime hidráulico, vantaxes e inconvenientes. Sistemas pechados: réxime hidráulico, vantaxes e inconvenientes.
Módulo 4: Innovación no manexo de especies acuáticas.
Consideracións no manexo de especies acuáticas. Calidade de auga:
monitorización e control. Profilaxe. Densidades de estabulación.
Prevención do canibalismo. Cálculo de biomasa. Control da maduración sexual. Anestesia e sedación de especies acuáticas. Colleita e sacrificio. Alteracións post-colleita. Estratexias de conservación.
Taller 2: Sanidade Animal e Tecnoloxía Alimentaria en Acuicultura.
Módulo 1: Principios do diagnóstico de enfermidades en especies acuáticas.
Observación en campo. Observación en laboratorio. Eutanasia. Lesións en tegumento. Lesións en aletas. Lesións
oculares. Lesións en agallas. Técnicas de mostraxe e transporte de mostras. Identificación de ectoparásitos. Disección. Análises bacteriológico. Antibiogramas. Recolección de mostras de sangue. Análises virológico. Tests ELISA. Análises de pensos e da función
dixestiva. Análises de tecidos.
Módulo 2: Patoloxía en Acuicultura.
Enfermidades non infecciosas. Temperatura. ph. Enfermidade da burbulla. Sólidos en suspensión.
Alteracións das agallas. Toxinas. Queimaduras. Predación. Feridas.
Enfermidades nutricionais. Neoplasia. Enfermidades infecciosas.
Enfermidades víricas. IPN. IHN. VHS. ISA. Outras enfermidades víricas.
Enfermidades bacterianas. Aeromonas. Vibrio. Pseudomonas. Flexibacter. Outras enfermidades bacterianas. Enfermidades fúnxicas. Saprolegnia. Ichthyophonus. Enfermidades parasitarias. Principais
ectoparásitos. Principais endoparásitos.
Módulo 3: Terapia en Acuicultura.
Métodos de tratamento. Tratamento
por inmersión. Cálculo de doses. Substancias autorizadas e principios
activos. Antibioterapia. Vacinación por inmersión. Tratamento oral.
Bacteriostáticos, bactericidas e antibióticos autorizados. Cálculo de doses e protocolos de administración. Consideracións prácticas.
Módulo 4: Avances na nutrición de especies acuáticas.
Consideracións xerais. Dinámica nutricional e tipos de dietas. Custos de produción e factores de conversión. Características do mercado español. Nutrición e calidade de auga. Proteína. Graxa. Outros nutrientes. Tipos de dietas e consideracións prácticas. Novas técnicas alimentarias en acuicultura. Niveis de cultivo: consideracións. Alimentación manual e alimentación automática. Sistemas automáticos para a alimentación larvaria. Sistemas automáticos de alimentación para o preengorde e engorde en terra. Sistemas automáticos de alimentación para o engorde en gaiolas. Alimentos secos e húmidos. Almacenamento. Custos de alimentación.
Xestión integral do alimento. Residuos.
Taller 3: Novas Tecnoloxías na Produción de Peixes Mariños.
Módulo 1: Novas especies de cultivo.
A Acuicultura Mariña en Galicia.
Piscicultura mariña no mundo. Fases na produción de peixes mariños. Novas especies de cultivo. O cultivo de fletán. O cultivo de peixe lobo. O cultivo de pescada. O cultivo de atún.
Módulo 2: Innovación en sistemas de cultivo.
Sistemas pechados e sistemas abertos. Sistemas pechados: consideracións. Filtración física. Filtración biolóxica. Sistemas de esterilización da auga. Sistemas de contención. Sistemas abertos: consideracións. Innovación en plataformas flutuantes ou bateas. Innovación en gaiolas de cultivo. Sistemas de iluminación. Control do fotoperíodo.
Módulo 3: Novos equipamentos de produción e procesado.
Equipamento para o manexo do cultivo. Bombas de extracción de peixes. Clasificadoras de peixes. Contadores de peixes. Marcadores de peixes. Sistemas de limpeza. Sistemas de vacinación. Equipamento para o procesado do cultivo. Calidade do pescado: fases. Colleita. Sacrificio. Post-colleita. Tipos de procesado. Métodos de conservación.
Módulo 4: Avances en nutrición de especies mariñas. Consideracións
xerais. Dinámica nutricional en piscicultura mariña. Nutrición
larvaria. Dietas naturais. Dietas artificiais e microdietas. Destete.
Preengorde. Engorde. Proteína. Graxa. Técnica alimentaria: práctica.
Alimentadores e robots. Xestión integral. Principais enfermidades da
robaliza. Principais enfermidades da dourada. Principais enfermidades do rodaballo.
Taller 4: Novas Tecnoloxías na Produción de Peixes Continentais.
Módulo 1: Novas especies de cultivo.
Acuicultura de auga doce: consideracións. A acuicultura continental en contexto. Cultivo de
troita en Galicia: consideracións. Cultivo de novas especies de peixes
de auga doce. O cultivo de tilapia. O cultivo de esturión. O cultivo de
anguía.
Módulo 2: Innovación en sistemas de cultivo.
Auga doce: consideracións. Características dos sistemas abertos e sistemas pechados. Sistemas de contención. Raceways. Gaiolas. Tanques. Acuarios. Tratamento da auga doce. Sistemas de filtración física. Sistemas de filtración biolóxica. Sistemas de aireación. Sistemas de osixenación. Sistemas de transporte pasivos e activos.
Módulo 3: Novos equipamentos de produción e procesado.
Produción e procesado de peixes de auga doce: consideracións xerais. Bombas de extracción de peixes. Clasificadoras de peixes. Contadores de peixes. Sistemas de iluminación. Marcadores e identificadores de peixes. Reprodución de peixes continentais: consideracións xerais. Sistemas de incubación. Manexo de posta. Sistemas de limpeza. Sistemas de vacinación. Sistemas de sacrificio. Alteracións postmortem. Tipos de procesado. Eviscerado. Fileteado. Afumado. Conservación en xeo líquido. Conservación en atmósfera modificada.
Módulo 4: Avances en nutrición de especies continentais.
Consideracións xerais. Dinámica da alimentación en acuicultura
continental. Tipos e características de dietas. Dietas de preengorde. Dietas de engorde. Proteína. Graxa. Pigmentación. Inmunoestimulantes. Técnica alimentaria: obxectivos. Principais enfermidades da troita.
Taller 5: Novas Tecnoloxías na Produción de Moluscos e Crustáceos.
Módulo 1: Avances na reprodución e xenética de moluscos e crustáceos. O cultivo de moluscos e crustáceos en Galicia: contexto. Reprodución, preengorde e engorde. Moluscos: consideracións.
Moluscos bivalvos: fisioloxía e anatomía. Bivalvos: ciclo biolóxico.
Obtención de semente natural. Produción de semente en criadeiro ou hatchery. Cultivo larvario e metamorfoses. Preengorde de semente en nursery. Preengorde intensivo, semiintensivo e extensivo. Innovación na produción de semente de moluscos. Selección xenética. Crustáceos: consideracións. Crustáceos: ciclo biolóxico. Estabulación de reprodutores. Recolección de posta. Cultivo de microalgas. Cultivo de zooplancton.
Módulo 2: Innovación en sistemas de cultivo.
Niveis de cultivo e características. Instalacións en terra. Instalacións en augas abertas. Bateas. Long-lines. Sistemas pechados: características. Sistemas de contención. Cordas, cestas e caixas de cultivo. Axentes antiincrustantes. Sistemas de aireación. Lavadoras e clasificadoras. Procesado: tipos.
Módulo 3: Novidades na nutrición de moluscos e crustáceos.
Consideracións xerais. Tipos de dietas e aplicación. Pautas de alimentación larvaria no cultivo de moluscos e crustáceos. Produción e enriquecemento de dietas vivas. Dietas artificiais. Dietas microaglomeradas e microencapsuladas. Requirimentos de enerxía e proteína no preengorde e engorde de crustáceos. Atraentes.
Aditivos. Técnica alimentaria no cultivo de moluscos e crustáceos.
Módulo 4: Innovación no control sanitario e trazabilidade.
Calidade de auga: monitorización e control. Parámetros biolóxicos e condicións ambientais do cultivo. Parasitos, bacterias, fungos e virus. Comercio de moluscos e crustáceos: consideracións e principios básicos.
Trazabilidade. Lexislación española e comunitaria. Xestión integral do
cultivo de moluscos e crustáceos. Principais enfermidades dos moluscos bivalvos. Principais enfermidades dos crustáceos de interese comercial.
PROFESORADO
O ponente principal de cada taller será o Director da División de
Acuicultura de Acuinuga, Dr. Luis A. Pérez Carrasco.
Leandro Fernández, Stolt Sea Farm, España Natalio García Garbi, DKFZ Heidelberg, Alemania Neil Duncan, IRTA/University of Stirling, Reino Unido Victor Oiestad, Akvaplan Niva, Noruega Ana Roque, IRTA/Universidade Técnica de Lisboa, Portugal
Prazas: 60
COMPLETADAS TÓDALAS PRAZAS
NOTA: SOLICITADA ACREDITACIÓN DO CURSO AO SISTEMA ACREDITADOR DA XUNTA DE GALICIA (CONSELLERÍA DE SANIDADE)